![]() |
A galeria do CGC | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| As actividades que realiza o CGC non son secretas!!! Están todas abertas á participación de toda a cidadania. E participando, participando... fixemos xa moitas amigas e amigos. Pensamos que seria unha boa idea mostrar na nosa páxina unhas poucas fotos dalgunhas das nosas actividades ao ar libre: a visibilidade é o máis importante. Xa verás, reivindicar os nosos direitos non é tan aburrido ou tan perigoso como pensabas; mesmo pode ser divertido! Anima-te e acude a elas! | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| As Concentracións, o máis importante | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Desde o primeiro, o Colectivo Gai de Compostela organizou concentracións nas ruas de Compostela para protestar polas discriminacións que ainda hoxe sofremos gais e lésbicas, para chamar a atención e concienciar a comunidade lesbigai e a sociedade en xeral... Son os actos de maior importancia para o CGC: son os que teñen maior proxección social e, en certa medida, tamén son unha demostración de forza. E sobre todo, é o acto de visibilidade social por excelencia. | ![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Hai unha concentración anual que xa é tradicional: a do 28 de Xuño, o Dia da Libertación Homosexual. Mais tamén se teñen feito outras por outros motivos e noutras datas. Todas elas tentan combinar tres cousas: participación cidadá, diversión e reivindicación. Non sempre é fácil facer un bo cocktail, mais hai xente que non perde nengunha concentración. Por algo será, non si? | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Jano e Carlos na concentración de marzo de 1999 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Mari-brilé | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Esta é a primeira actividade lúdico-deportiva que organizou o CGC. Trata-se dun xogo baseado nun deporte infantil (ou se cadra non tanto) querecebe moitos nomes na galaico-lusofonia: balom queimado, brilé... Nós decidimo-nos por brilé, que debe vir da denominación francesa do xogo ("brûlé", en francés é queimado), pero engadindo-lle o prefixo "mari", afectivo e/ou identitário. É un xogo de equipas, formadas por toda aquela persoa que queira participar: non importa sexo, idade, raza, lingua usual ou o que sexa. O CGC organiza desde 1998 un campionato anual. Os obxectivos son: xuntar xente diferente en equipas plurais, fomentar a visibilidade, a autoconfianza e a solidariedade grupal. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A equipa do CGC, de enriba a embaixo e de esquerda a direita: Carlos Baña, Juán, Marco e Carlos Valcárcel. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A equipa "Fórum-Psicodélicas", campiona do 98: Fran e Carme (de pé), Ana e David (encrequenados). | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Dia do Orgullo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Celebración mundial que non é ignorada en Compostela. Fan-se toda unha série de actos variados que rematan cunha marcha (antes do 2000 era unha concentración) e unha festa. Cada ano que pasa as celebracións do Dia do Orgullo, 28 de xuño, van a máis en Santiago. Clica nos logos para ver as fotos! | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Voltar à páxina principal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||