037. Sono amarelo
Era un chinés co sono tan lixeiro, que cando ficaba durmido saía voando pola fiestra.
Uxío Brollón

036. Buda, Confuncio e Lao Tsé
Buda, Confucio e Lao Tsé nunca coincidiron. E menos mal, porque non se porían de acordo nin para pedir á comida no chino da esquina.
Manuel Rivas Álvarez

035. Receita oriental
Aquel día o cociñeiro mesturou arroz, bambú e raiadura de pel de serpe. A mistura tivo un efecto estupefactor e estupefacente nos comensais, similar ao das setas alucinóxenas procedentes das prantacións de Shangai.
Xabato

034. Poema bacteriano
En cantón traballaba o pequeno Xan-Do-Can, na humilde cociña dun restaurante, pero canso daquela suxa, inmunda, noxenta cociña, montou un circo coas innumerábeis bacterias que por alí pululaban...
Xaime Martín

033. Confucio's eyes
Mira, por ahí ven Confucio. Trae os ollos vermellos, para mín que andivo de Fumanchú
Marcos Rodríguez

032. Ollos resgados
Nas miñas viaxes por eses países, o máis ardente foron aqueles ollos resgados, delicados coma os caramelos que pendían das xanelas, bordándome profundamente nas frías paredes do transiberiano.
En Eu Querendo

031. Camareiro
O dragón gañaba a vida traballando de camareiro nun restaurante chinés por tres tristes de roliños de primavera á hora xa que desde aquela revolución do carallo non quedaba doncela ningunha na vila.
En Eu Querendo

030. Na Cidade Prohibida: Opio e perversión
Confucio lisiado escoita pornografía na tv: os pais dormen e os nenos son escaneados na MÁQUINA. Os do PLAN NACIONAL CONTRA AS DROGAS argallan campaña co lema FALA COS TEUS PAIS.
JeviLocal

029. Lume de dragón
Síntese queimada por ese fogo que de fora lle entra no peito. Maldito o dragón que a alumea, bendito o dragón que a queima.
Ali

028. Confeso ma non troppo
Marcando carallos de tinta no sopor do transiberiano. Cando a revolución gutural decidira ser escritor.
Alberte Momán Noval

027. Peor é roubar
Paseaba unha rata gorda amarrada a un cordel, coma quen leva un cadelo pequinés, cara á sala de torturas. Non che han facer mal, díxolle. E entraron os dous pola porta traseira do restaurante Gran Muralla.
María Yáñez

026. Caveira policíaca
Estarrecín dos pés a cabeza. Non soñara Tiananmen, estaba saíndo á superficie. Entre fluxo e refluxo, puiden ver as almas dos que foron sacrificados naquel sacrilexio, xogando ó balón pé cunha caveira policíaca, no terreo de xogo que emerxía no entreacto das mareas.
Lomarti


025. A metade da nada vol 2
No diván do doutor Liu os ácaros do pó acadaran tal refinamento que moitos deles gostaban de lucir os seus ollos rasgados cuns lentes redondos e unha profunda barba froidiana.
Alberte Couto


024. Ritual
Aprendera que cómpre entregar un papel coas dúas mans, que o número de pratos é múltiplo de catro e a entrar na casa descalza, mais os palillos rebeláronse, enguedellándose nos seus dedos.
Marilar Aleixandre


023. Unha moeda furada
No mercado nocturno de Hunan Lu, en Nanjing, intentarei mercar un pincel de bambú (zhu), pero ninguén quererá vendermo, a menos que o pague cunha moeda furada.
Marilar Aleixandre


022. Tinteira
En Suzhou, á beira do Chang Jiang, tamén chamado Yangzi, pedín sopa de tinteira ou Hai san. Pero a lesma mariña chifrou un regueiro de tinta púrpura e desapareceu nas profundidades da cunca.
Marilar Aleixandre


021. Marco Polo
Un día atopei a Marco Polo no camiño chinés e ofrecinlle arroz con bambú pero fíxome fu man chu e fuxiu coma a pólvora a Sanghai polo que quedei moi frustrado.
Rosendo Cid


020. Dragón transiberiano
Un día un dragón mandarín tropezou cunha pedra en Pequin. Logo diso só viaxaba no transiberiano.
Rosendo Cid

019. Polo polo non Marco
Marco Polo atopouse polo polo, polo que se decatou de seu erro e tivo que voltar atrás, polo camiño de Pequín
Rosendo Cid

018. Río formado
Yang Tsé, yang tsé; dixo o río tras a Revolución Cultural.
Jaureguizar

017. Caudal incerto
Polo río Amarelo sempre había que navegar con precaución; non coma no río Vermello ou no río Verde.
Jaureguizar

016. A salvo
Tirárase en paracaídas tras as defensas do Vietcong. Enxergou unha patrulla e colleu un bambu para poder respirar mergullado no arrozal. De súpeto, apareceu onda el un submarinista acenando algo cun papel. Recoñeceu a súa declaración da renda do ano pasado.
Jaureguizar

015. Convencemento
Lao Tsé-i, dixo o gangoso todo cheo de razón.
Xosé Díaz Díaz

014. Unha crítica en chino
Fu Man Chu Mi Na Das E Así Es Tán Co Mo Es Tán: Es Ta Xu Ven Tu De An Da To La.
Xosé Díaz Díaz

013. ¿Metamorfose?
She-sha-kuo foi seducido por un mandarín, que o transformou en mandarina.
Xavier Queipo

012. O peng
Hai no sur da China unha fera que lle chaman peng. Ergue o voo cun elefante nas súas poutas e dende o alto deixa que se precipite ao baleiro. Logo descende comer, desgarrando a carne da trompa cos seu bico abominábel.
Xavier Queipo

011. Destino
A primeira lúa de outono marca o tránsito de estacións. Os nenos nacidos nesa noite teñen a pel de melocotón.
Xavier Queipo

010. A canción do Yan-tze
Corazón, abrázame forte corazón, que quero sentir o teu corazón, abrázame forte, que quero sentir o teu corazón, abrázame...
Xavier Queipo

009. Xuízo por omisión
Na provincia de Yunán unha vila ergueuse na revolta: xulgaron aos seus gobernantes polo que prometeran e non fixeran.
Xavier Queipo

008. País minúsculo
Era un país tan pequeno, tan pequeno, que só coñecía un xeito de votar.
Xavier Queipo

007. HAIKU: Tempo de outono
As follas descenden á realidade.
Xavier Queipo

006. Negro
Aquel chinés de Cantón fora o primeiro chinés en sairlle a súa esquela no periódico local. Tamén fora o primeiro chinés en mercar unha moto en Lugo.
Antón Grande


005. Viaxe
No Transiberiano era moito o frío que ía. E todo por culpa daquel mamón que lanzara a botella pensando que a fiestra estaba aberta.
Antón Grande

004. Felices Xuntos
Espertaron un mes antes do nadal. As luces da noite semellantes á arbore. Abrazáranse e rodaran o ano. Comían os granos tan rápido con palillos. A lámpara era fervenza do azul dos ollos verdes. Devastadora febre caída entre rochas é pranto ou bolero esta historia comeza onde naide desexa. Exemplo de vida ausente, de aquí para arriba, desmemoriada. Entre a Argentina e a China. Limpa como nova. Sen elexir que era mentira.
Coromoto Coromoto

003. Conto líquido (PEMAN HISTORY)
OS INDIXESTOS EFECTOS SECUNDARIOS DUN MAL DIA NO RESTAURANTE CHINÉS,A LATITUDES MOI ALTAS, SUR,SUR-LESTE ,FIXERON QUE AS FORTES RACHAS ATEMPORALADAS ,CONQUERIRAN QUE A PLEAMAR DIARREICA ,ATOARA SUTILMENTE O WC ,CREANDO UN PEQUENO RIO AMARELO CON ALGUNHA QUE OUTRA FLOR DE LOTO.
Alberte Couto

002. A metade da nada vol 1
Fu-man-chu e drácula, gostaban de ir en parella o psiquiatra, xa que a miudo tiñan o delirio de ser, christofer lee.
Alberte Couto

001. Redacción de quinto de EXB
Unha mañá erguinme da cama convertido nun chinés. Saín á rúa e todos se rían de min… Cando de repente: "ring ring", soou o espertador. Todo fora un soño e eu tiña que ir para clase.
Suso de la Vega

1 1