¡REGANOSA PERIGO!
Boletín informativo nº 12
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
180 MILLÓNS de metros cúbicos de GAS,
ABRASARIAN QUILÓMETROS Ó REDOR
DURANTE MOITOS MINUTOS
O GAS NATURAL produce efecto invernadoiro, 25 veces máis que o CO2. Un m3 de Gas Natural Licuado (GNL) que está a 160ºC baixo cero, ó chegar a 10ºC transformase en 600 m3 de gas natural sen olor. Co calor ambiente, unha fuga de GNL produce unha nube de gas, que mata por asfixia. Cando chega a un 10% de mezcla co aire, pode entrar en ignición rapidamente e mata ou lesiona gravemente por queimaduras. O gas natural licuado ten una densidade de 0,5 e dous tanques de 150.000 m3 cada un sumarían 150.000 toneladas, que o regasificase producirían 180 millóns de metros cúbicos (Nm3) de gas natural a 10ºC.
Reganosa ten autorizado construír dous tanques, cada un con capacidade de almacenar 150.000 m3 de Gas Natural Licuado, e para vaporizar 322.500 Nm3/hora de Gas Natural a presión de 80 Bares. Está clasificada como perigosa pola Directiva Europea Seveso II, (R.D. 1254/99) e pode provocar accidentes graves, dos que hai moitos exemplos. Proxecta unha ampliación
que non está autorizada, con outros dous tanques mais, para vaporizar 12.500 Nm3/hora.
ONDA ASFIXIA PRIMEIRO, ONDA TERMICA DESPOIS
En Punta Promontorio existe un complexo petroquímico, cuxa concesión caduca no ano 2017, con 280.000 m3 de combustibles, e outros productos químicos inflamables, tóxicos ou canceríxenos. Adosado o mesmo pretenden ubicar
a Planta de Reganosa, co risco do "efecto dominó", (artigo 8 do R.D. 1254/99)
Os dous tanques que constrúe Reganosa poderían almacenar 150.000 toneladas de Gas Natural Licuado.
OS VERTIDOS DE REGANOSA, DE AUGAS DO MAR MOI FRIAS, ESTERILIZADAS E CON CLORO, DE 316.800 METROS CUBICOS POR DIA NA FASE AUTORIZADA, E DE 633.600 METROS CUBICOS POR DIA COA
AMPLIACIÓN ANUNCIADA, PROVOCARÍÁN A PERDA DE EMPREGO A 700 MARISCADORES, E TAMEN A PERDA DE OUTROS 1.500 POSTOS DE
TRABALLO DE MARISCADORES QUE DEBEN INCREMENTARSE DESPOIS DO SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA. DENTRO DA RÍA UNHA PLANTA DE GAS PODERÍA DESTRUIR MUGARDOS, FERROL E....... MÁIS.
Reganosa pretende arrasar co xacemento romano de Caldoval, trasladando soamentes unha parte do mesmo a un lugar onde perdería seu valor patrimonial e histórico.
Según expertos arqueolóxicos a posta en valor in situ do xacemento romano de Caldoval xerará unha riqueza turística anual para Mugardos moito maior da que podería darlle a este pobo a Planta de Gas de Reganosa.
PATRIMONIO HISTORICO en perigo, en espazo onde Reganosa non ten autorizada ningunha ampliación Gaseiro en lastre (baleiro), con capacidade para 138.000m3, no Asteleiro de Fene, no mesmo peirao onde en xaneiro de 1998 un vento forte rompeu as amarras da Plataforma Discoverer Enterprise e levouna contra a Ponte das Pías.
En xuño do ano 2000 a Plataforma Discoverer Spirit, embarrancou na ensinada de Santa Lucía. En ámbolos dous casos non levaban mercadorías perigosas e non se rexistraron vítimas porque. ¿Qué pasaría si iso ocorrese
con un gaseiro cargado de 140.000 m3 de GNL?
Reganosa pretende que cada 3 días entre na Ría un gaseiro como este, cargado de 140.000 m3 de GNL (70.000 toneladas)
Reganosa produce obstáculos e serias dificultades a Declaración de Patrimonio da Humanidade, solicitada para os Castelos e Arsenais Militares da Ría, con edificacións do século XVIII.
Soamente un Hotel que se vai ubicar no Castelo da Palma creará 90 postos de traballo, mais do dobre dos 44 que promete Reganosa, os cales tamén poden crearse con unha Planta de Gas ubicada no Porto Exterior de Cabo Prioriño.
OS GOBERNOS VELARAN PARA QUE TEÑA DISTANCIAS SUFICIENTES
HASTA A POBOACIÓN, Ó PATRIMONIO CULTURAL E A RIQUEZA NATURAL (Art.12 do R.D. 1254/99, Directiva SEVESO II, competencia da Xunta de Galicia).
REGANOSA OCULTOU QUE PROXECTA DRAGAR O CANAL DE ENTRADA, O QUE REQUIRE DINAMITAR FORTEMENTE OS FONDOS ENTRE OS CASTELOS DE SAN FELIPE E A PALMA.
UN INFORME XEOLÓXICO SE OPÓN, PORQUE A DIMAMITA PODERÍA PROVOCAR CORREMENTOS DE TERRA E ROCHA NAS LADEIRAS PRÓXIMAS.
REGANOSA AMEAZA A VIDA HUMANA E VULNERA O RAMINP QUE ESIXE UN MÍNIMO DE DOUS QUILÓMETROS HASTA AS POBOACIÓNS.
O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA O 23 DE XUÑO DE 2004 FALLOU CONTRA REGANOSA POR NON TER REALIZADO AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL. SE O TRIBUNAL SUPREMO CONFIRMA DITA SENTENCIA QUEDARAN ANULADAS AS AUTORIZACIÓNS QUE TEN REGANOSA.
NUNHA EMERXENCIA DURANTE A DESCARGA, O DRAGADO DO CANAL SERÍA INÚTIL, PORQUE A ESES GRANDES BUQUES LLES SERÍA IMPOSIBLE SAÍR RAPIDAMENTE E POLOS SEUS MEDIOS PROPIOS MEDIOS SEGUNDO EXISE A NORMA EUROPEA EN-1532.
A UBICACIÓN DE REGANOSA NON É ACEPTADA POLA MAIORÍA DA POBOACIÓN.
DENTRO DA RÍA UNHA PLANTA DE GAS PROVOCARÍA GRANDES PERDAS EN RIQUEZA MARISQUEIRA, PATRIMONIO HISTÓRICO, TURISMO BASE NAVAL I ESTALEIROS MILITARES.
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
¡SEMPRE SERÁ POSIBLE, ANTES DE QUE OCORRA UNHA TRAXEDIA!
COMITÉ CIDADAN DE EMERXENCIA RIA DE FERROL
¡ N O N T E C O N F O R M E S , R E A C C I O N A !
¡AMOSA TUA PREOCUPACION ¡¡EN PROGRAMAS DE RADIO E TV!
A censura e a manipulación informativa nalgúns medios, son cómplices dos riscos e ameazas de Reganosa.
Email: comitecidadan@mundo-r.com