ESTUDIO SOBRE A INCIDENCIA DAS MINICENTRAIS NAS POBLACIÓNS DE TROITA COMÚN
O estudio está avalado por Benigno Elvira da Universidade Complutense de Madrid e firmado por Ana Almodóvar ( investigadora do IMIA e que se dedica a proxectos relacionados coa conservación de peixes fluviais e recuperacións de ríos) e Graciela G. Nicola ( bióloga que traballa no IMIA en aspectos ecolóxicos aplicados á xestión da troita común). Apareceu publicado na revista Trofeo Pesca de Xulio de 1998.
Ve-lo estudio.
Volver.
INCIDENCIA NAS POBLACIÓNS DE TROITA COMÚN NAS MINICENTRAIS DE RÍOS RÁPIDOS.
Nota importante : o estudio está realizado a
partir de 1993 no río Hoz Seca en Guadalajara. Durante dous anos tomáronse todo tipo de
medidas das poblacións de troita ( densidade, biomasa, producción e crecemento).
CONCLUSIÓNS DO ESTUDIO:
Outro dato atopado vese no seguinte gráfico:
O artículo expón ó mismo tempo o grave deterioro que producen as minicentrales e a xustificación dos datos anteriores, basados en estos deterioros. Resumindo:
CONCLUE o ESTUDIO :que as minicentrais deberan prohibirse en ríos de alta montaña ou ríos rápidos ( tódolos de Ourense o son) e as xa construidas aplicarlles as medidas correctoras adecuadas.
NOTA DO AUTOR DA WWW: O estudio anterior realizóuse nunha minicentral que cumplía unhas normas mínimas en canto a caudal ecolóxico, etc. En Ourense non hai ningunha que cumpla as normas. Polo que deduzco que este estudio quédase moi corto nesta Provincia. |
NOTA FINAL : NON ENTENDO COMO A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NON TEN FEITOS XA ESTOS ESTUDIOS ALGUNHA DAS MINICENTRAIS XA CONSTRUIDAS EN GALICIA.
XA VAI SENDO HORA DE QUE OS REALICE E SE DEFINA NO TEMA.
RECTIFICACIÓN Á NOTA ANTERIOR:
Ó PARECER O LABORATORIO DE HIDROBIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, SI TÉN REALIZADOS ESTUDIOS DE IMPACTO MEDIOAMBIENTAL DAS MINICENTRAIS EN RÍOS GALEGOS.
ASÍ MO COMUNICAN OS DOCTORES FERNANDO COBO E MARCOS GONZÁLEZ, OS CALES DENDE ESTAS LIÑAS LLES PIDO PERDÓN Ó MISMO TEMPO QUE ME ALEGRO DA NOTICIA.
¡¡ PIDO PERDÓN PUBLICAMENTE POLO MEU DESCOÑECEMENTO, QUE É REAL !!. Ó MISMO TEMPO GUSTARÍAME ME FIXESEN CHEGAR POLO SISTEMA QUE DESEXEN UN RESUMEN DAS CONCLUSIÓNS DE ALGÚN DESTOS ESTUDIOS, PARA PUBLICA-LOS NESTA PÁXINA WWW.
MOITAS GRACIAS ANTICIPADAS.